Write & CorrectGalician
O Camiño Francés
A primeira rota que fixen do Camiño de Santiago foi o Camiño Francés, na primavera de 2017. Andei 800 quilómetros, dende a aldea de St. Jean Pied de Port en Francia ata Santiago de Compostela en Galicia. Tomei 39 dias para cumprir a peregrinación. Moitas persoas fano máis rapidamente, mais eu camiñei ben amodiño porque sufría dun problema cos meus pés que se chama fasciíte plantar. Por mor deste problema, camiñar era bastante doloroso para min, mais estou moi contenta que fun capaz de chegar ao fin.
Cando falase do Camiño de Santiago, a maioría da xente pensa no Camiño Francés. Tornouse moi popular grazas a unha película que se chama The Way. Mais na verdade hai moitas rotas distintas que comezan en varios lugares en Europa e que terminan todos en Santiago. Nos tempos medievais, peregrinos viñan de todas partes para rezar diante dos restos mortais de Santiago o Apóstolo. Agora, a xente fai o Camiño por varios motivos, non só coma peregrinación relixiosa mais tamén coma unha maneira distinta de viaxar e coñecer un país (ou varios países, dependendo de onde comeza a peregrinación).
Fai case 20 anos que oín do Camiño de Santiago pola primeira vez, e xa pensara moito en facelo, mais eu tamén pensaba que houbese só un Camiño. Foi cando fixen o Camiño Francés que descubrín que hai moitas outras posibilidades, incluso camiños case esquecidos que son frecuentados por moi poucos peregrinos.
O Camiño engaiolou o meu marido Nick e máis eu, e decidimos facer unha rota distinta da peregrinación cada ano. Ata o de agora, xa fixemos catro. Escribirei dos outros camiños que fixen en outros artigos, mais se tes interese en facer un, eu recomendo o Camiño Francés. É unha moi boa opción para alguén que fai o Camiño de Santiago pola primeira vez, por varios razóns. A infraestrutura é moi desenvolvida, entón hai moitos lugares onde podes para durmir e comer. E tamén hai moitos lugares na rota onde encontrarás o "espírito do Camiño". Iso é un pouco difícil de describir, mais unha vez que fixes o camiño, o entenderás. Nick e máis eu creamos unha bitácora e un podcast onde falamos deste espírito e do que significa para nós. Pode atopalo neste ligazón: https://spiritofthecamino.com/
Corrections
No Corrections why not add one ?